As coplas dos maios, ao estilo de Ourense, son composicións poéticas organizadas en estrofas de catro versos de seis sílabas nas que riman os pares.

A copla pode comezar con fórmulas como “Aquí chega o maio, de flores cuberto…” ou “Xa chegou o maio…

As estrofas poden ir enlazadas de forma que o último verso dunha sexa o primeiro da seguinte. Así:
Xa chegou o maio
florido e fermoso
o maio de Ourense
este maio noso.

Este maio noso
que ben lle cantamos
música das coplas
para acompañalo.

Como se cantan

A tradición fálanos dunhas coplas cantadas a capella por unha ou varias cantoras. Pódense cantar dende dentro ou fóra do maio. Nos últimos anos poden verse cantos de coplas acompañados por diversos instrumentos incluso cantados con diferentes melodías.

A melodía tradicional podes vela a continuación. Cada compás correspóndese con cadanseu verso. Ritmo cuaternatio e a tonalidade pode variar aínda que é frecuente cantala en FaM. Pódese respirar entre estrofa e estrofa ou cantala toda seguida. O derradeiro verso da copla pode cantarse rallentando.

Aquí tes algúns exemplos das coplas dos Maios cantadas en Ourense no ano 2017

Deixar un comentario