PAZ CRESPO E RAQUEL RODRÍGUEZ

Chegaron os maios
coas xestas en flor,
tamén coas carqueixas
falando de amor.

Puxemos na fiestra
o maio florido
para dar ledicia
aos nosos veciños.

Non falta de nada
cos seus carrabouxos,
colares fermosos
que a natura trouxo.

A pesar do virus
facemos o maio,
vivamos a festa
e de hoxe… nun ano!