Cantádeme un Maio

A grave crise sanitaria que estamos a atravesar fai que este ano non poidamos celebrar a festa dos Maios na rúa.

É por iso que colectivos e persoas que tomamos parte desta tradición facemos un chamamento para a vivir desde a casa.

O domingo día 3 publica na rede as coplas (letras ou vídeos cantándoas) e as fotos dos Maios feitos co material que teñas na casa. Emprega o cancelo #CantádemeUnMaio nas túas publicacións.

Esta iniciativa quere dar voz a un elemento da nosa oralidade, da nosa cultura, que pide que non a canceles.

#CantádemeUnMaio non terá carácter competitivo, aínda que si contará cun concurso de coplas moi “especial”.

Todas as publicacións serán recollidas nesta web.

 

 

Coplas históricas

O MAIO Aí vén o maiode frores cuberto …Puxéronse á portacantándome os nenos;i os puchos furadospra min estendendo,pedíronme crocasdos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños,calados e quedos;que o que é polo de hoxeque darvos non teño.Eu sonvos o probedo pobo gallego:pra min non hai maio,pra min sempre é inverno! … Cando eu me atoparede donos libertoi o … Seguir lendo Coplas históricas

Así se fan as coplas

As coplas dos maios, ao estilo de Ourense, son composicións poéticas organizadas en estrofas de catro versos de seis sílabas nas que riman os pares. A copla pode comezar con fórmulas como “Aquí chega o maio, de flores cuberto…” ou “Xa chegou o maio… As estrofas poden ir enlazadas de forma que o último verso … Seguir lendo Así se fan as coplas