Recortable 2021

O cartaz deste ano, obra do Paco Boluda, convértese nun recortable ao que só terás que engadir no seu cumio o elemento que prefiras. Lembra que, tradicionalmente, levan unha cruz ou unha campá.

Mais a proposta non queda só no cartaz. O Paco Boluda achéganos diversas propostas para que escollas a que queiras (ou todas, se te animas), imprimas en alta resolución e vaias compoñendo o primeiro Maio deste ano.

O único que che pedimos -se queres- é que compartas o resultado, ou algún momento da montaxe. Nas redes sociais, empregando o cancelo da campaña #CantádemeUnMaio, ou por correo electrónico en osmaiosdeourense@gmail.com será grato ver o voso traballo.

A primeira proposta é un Maio enteiro, que só terás que recortar e colar

Se te animas un pouco máis, podes recortar as elementos decorativos e redecorar o maio doutro xeito. Nesta ocasión, e se podes, mellor que imprimas en tamaño A3

E se te sentes aínda máis inspirado, podes decoralo todo ao teu gusto