Así será este ano

O domingo 2 de maio de 2021 publica na rede as túas coplas e/ou os teus Maios através de imaxes ou gravacións de audio/video empregando o cancelo #CantádemeunMaio. Queremos ver o teu maio e como cantas as coplas!

Tamén podes enviar as túas coplas con fotos ou gravacións de audio ou vídeo do Maio ao correo: osmaiosdeourense@gmail.com

Recompilaremos todo o material recibido e compartirémolo neste blog, podendo consultar en calquera momento a participación dos Maios de 2021.

Este ano -e oxalá que así sexa- semella que imos ter unha situación sanitaria un chisco máis relaxada. Neste senso, queremos convidarvos -sempre que a situación o permita- a exhibir os vosos Maios e as vosas coplas por un espazo temporal limitado na xornada do día 2.

Propoñemos que escollades unha praza aberta ou un espazo amplo que non obstaculice nin o paso de persoas nin o tráfico rodado, por un espazo de tempo limitado e sempre coidando de cumprir estritamente coas normas sanitarias. Ademais, e para evitar riscos innecesarios, velando sempre que non haxa máis dun maio en cada praza.

Nas vindeiras semanas, iremos confeccionando entre todas e todos o programa dos Maios 2021, que compartiremos nas nosas canles para que participedes da celebración.