Maios 2020

Grazas, Maio

Por agasallarnos con unhas redes sociais inundadas de maios e coplas; por deixarnos ouvir e sentir a centos de voces cantando as coplas como cada ano escoitamos na Alameda ou na rúa do Paseo e por confirmarnos que a festa dos Maios está moi presente na nosa identidade cultural.

Non faltou a retranca nesta edición especial dos Maios. Nin as críticas… as necesarias aguilladas que -ano tras ano- procuran poñer a andar novamente unha cidade que semella derrumbarse por momentos, froito da inacción e tamén -por que non dicilo- de moitas decisións erradas e erráticas.

E moitas grazas, tamén, por facer que o 2020 non pasara a Historia por ser o terceiro ano, xunto aos tristes 1937 e 1938, no que non puideramos celebrar a festa dos Maios.

VIVAN OS MAIOS!!!!!!!!

Séguenos nas redes sociais