O maio histórico

“O Maio comezou por ser un rapaz cuberto de todo tipo de erbas e flores (edras, espadanas, follas, etcétera) que, acompañado por un coro de nenos ou de mozos, recorre as ruas do povo durante os primeiros días do mes de maio”. Pepe da Torcela (seudónimo empregado por José Paz Rodríguez). Bisbarra nº 2. 1985.
Imaxe: Os Maios en Galicia. Debuxo de Sobrino aparecido na Revista Mondariz. 1916
#CantádemeUnMaio
O programa das festas cívico-relixiosas que publicaba O Tio Marcos d’a Portela no ano 1917 é case un guión pormenorizado da propia Festa dos Maios.
Fonte: Biblioteca Ben-Cho-Sey. Deputación Prov. Ourense.
Aparecidas no libro “Levántate maio. Foro dos Maios de Ourense”. Colección Auria. Abril 2004 #CantádemeUnMaio
“…As coplas faguíanse nun papel que se levaba ó Axuntamento para que lle puxesen un selo da censura e se poidesen cantar. Despois comenzaron a editalas e vendelas e agora saen as coplas abafadas por unha morea de anuncios comerciaes entre os que difícilmente se rebulen.
As coplas, que denantes viñan sendo tan feitura dos rapaces como o maio, encárganllas agora ós poetas ou aficionados locales co que, si algo se foi ganando en fabricación perdeuse en inxenuidade i en frescura popular.” Xosé Ramón e Fernández Oxea. “Os Maios de Ourense” en Galicia Emigrante. 1958
Imaxe: Grupo de copleiras/os cantando no palco da Alameda.
Colección Ben-Cho-Sey. Biblioteca Provincial Ourense.
#CantádemeUnMaio
“Festa de primaveira e xuventude, festa de tradición e renacencia, festa de ledicia e de lembranzas a festa dos mayos e a festa das frores e dos nenos, as duas cousas que poñen un arume de poesía na prosa do contino trafegar”. Ben-Cho-Sey. “A festa dos mayos” en El Heraldo Gallego, 1927.

Días atrás, compartimos diversas imaxes do ano 1917: a convocatoria da festa, as coplas premiadas e a primeira copla impresa que se conserva. Só quedaba ver cales foron os maios premiados e algúns momentos da festa, como o concurso de viños ou as rosquilleiras, amais da redacción do “Tío Marcos d’a Portela”. Todo isto é o que podemos ver nesta páxina do Vida Gallega do 31 de maio de 1917. #CantádemeUnMaio
Tal día como hoxe, 23 de abril, procedería recomendar o libro “Máis de 100 anos imprimindo coplas” ou “Os Maios, alén do interese turístico”, ou aínda “Ritos e costumes da festa do maio”… pero, tristemente, en Ourense non existen á penas publicacións sobre unha das nosas festas máis singulares. Nin sequera podemos sinalar un sitio web, ou un fondo dixital que recolla as participacións dos distintos anos…
Imaxe: Coplas premiadas do ano 1917, recollidas na revista Vida Gallega.
#CantádemeUnMaio
Foto de Cantádeme un maio.
Hoxe toca cantar os Maios a ritmo de 1933, con propaganda da época incluida.
Colección Ben-Cho-Sey. Deputación Provincial de Ourense.
Para o libro “Levántate,Maio. Foro dos Maios de Ourense” Colección Auria, 2004
#CantádemeUnMaio
No ano 1968 decidíase o traslado da estatua adicada a Concepción Arenal (até o momento na praza do Bispo Cesáreo) para a súa ubicación actual, decisión que se executaba un ano máis tarde e que xeraba certa polémica entre a cidadanía, á que se sumaba Ramón Otero Pedraio (cronista da cidade naqueles anos).
As Coplas dos Maios, con música e retranca, tamén souberon exercer como rexistradoras dos temas de interese para a sociedade ourensá. Esta de 1968 recolle o acontecemento deste xeito. #CantádemeUnMaio
“Pero… cuando las personas mayores quieren ser niños y se mezclan en los juegos de éstos, casi siempre la fiesta infantil se pervierte y desnaturaliza. “A festa dos maios” está adulterada por un evidente mal gusto que es, por desgracia el que viene motivando el auge manifiesto de estos años. En todas partes los niños van con sus “maios” cantando coplas en las que se critican los sucesos locales, como antes lo hacían las comparsas de Carnaval. Los niños, convertidos en involuntarios censores de cosas que no entienden, van aprendiendo esa plebeya costumbre de la murmuración.” Manuel Torres en La Noche 16-06-1961
Imaxe: Autorización das Coplas pola Guardia Municipal. 1931. Colección Ben-Cho-Sey. Biblioteca Provincial Ourense.
#CantádemeUnMaio
Primeiro premio dos Maios en Ourense do ano 1925. Aparecido na revista Vida Gallega o 30 de maio de 1925. #CantádemeUnMaio
Foto de Cantádeme un maio.
“As veces, no seu corretexar pol-as ruas, atópanse xuntos varios “maios”. pro son individualistas ben convencidos, porque pronto se vai cada un polo o seu lado. Hai entre eles certa rivalidade como de dous paisanos que se tiveran envexa. Uns son das Caracochas, sábelle pol-o ton craro do musgo. Aos da Ponte Pedriña ben se lles ve nas umbellas do sabugo e nas frors das xunqueiras. Os do Polvorín dos Aforcados teñen a coor escura i-o musgo rapado”
Juan Luis Ramos en La Región 3-5-1936
Fotografía: Maios pola cidade vella. 1935. Colección Ben-Cho-Sey. Deputación Prov. Ourense. Para o libro “Levántate Maio. Foro dos Maios de Ourense”. 2004, Colección Auria
O mayo recorrendo as ruas da capital revisteas dúnha estralante policromía aumentada pol-a nota petrucial dos traxes aldeans que traen a cibdá o recendo campesio n-iste día tan enxebremente ourensán no que a xente acude o pe do Santo Cristo
Ben-Cho-Sey. “A Festa dos Mayos” en El Heraldo Gallego. 1927
Fotografía: Maio artístico nun lateral da praza de Abastos.
Colección Ben-Cho-Sey. Biblioteca Provincial Ourense.
#CantádemeUnMaio
“Los reyes, las reinas, los árboles y las cruces de Mayo, las enramadas en las puertas de las casas o en los cuerpos de las personas, o las armaduras de madera cubiertas de musgo que las sustituyen en algunos lugares, todo ello es lo mismo, el mismo deseo profiláctico, la misma salutación a los rayos del sol, y allá, en el fondo, puede ser que el mismo homenaje al Creador de la tierra, de las flores y de las estaciones.” Florentino L. Cuevillas 3-5-1946.
Fotografía: Maio na praza Maior. Anos 40. Colección Ben-Cho-Sey. Deputación Prov. Ourense.
#CantádemeUnMaio
Foto de Cantádeme un maio.
Nenas e nenos con Maio artístico e Coplas, na Alameda, cabo do Edificio de Correos
Colección Ben-Cho-Sey. Biblioteca Prov. de Ourense
#CantádemeUnMaio
Foto de Cantádeme un maio.
“Festa de primaveira e xuventude, festa de tradición e renacencia, festa de ledicia e de lembranzas a festa d’os Mayos é a festa d’as frores e d’os nenos, as duas cousas que poñen un arume de poesía n-a prosa do contino trafegar.
Ben-Cho-Sey El Pueblo Gallego, 3-5-1927
Imaxe dos Maios no ano 1935. Colección Ben-Cho-Sey. Biblioteca Deputación Ourense. Para o libro “Levántate, Maio. Foro dos Maios de Ourense”. Colección Auria, 2004
#CantádemeUnMaio
As veciñas e os veciños de Rabo de Galo son unha das referencias no histórico da Festa dos Maios. As súas múltiples participacións sempre foron con grupos moi numerosos e con maios de fermosa feitura, como ben pode apreciarse nesta fotografía do ano 1944, achegada por Suso de Rabo de Galo para o libro “Levántate, Maio. Foro dos Maios de Ourense”. Colección Auria. 2004 #CantádemeUnMaio
“Hay una primavera para las almas, como la hay para los vegetales, para los pájaros, para los astros, para cuanto, en estos días sonrientes de mayo y abril recobra nueva vida, siéntese rejuvenecido por nueva sávia, confortado por energías que creyéranse atenuadas, adormecidas, extintas entre las nieves y los hielos invernales.” Los mayos. La Región. 22 de abril de 1910
Imaxe: Conxunto de maios darredor da Alameda. Colección Ben-Cho-Sey. Biblioteca Provincial Ourense.
#CantádemeUnMaio
“Mayo y Magosto parecen, de primera intención, palabras emparentadas. Pudiera ser, pues las castañas secas, castañas pilongas, o como sea, se llaman también mayas y mayolas; en algunas partes, daban castañas a los rapaces que cantaban el mayo… En todo caso, son palabras que suenan bien juntas, como primavera y otoño.”
Vicente Risco. Vida Gallega. 1916
Fotografía: Maio artístico na rúa do Progreso. 1950
Colección Ben-Cho-Sey. Biblioteca Provincial Ourense. Para o libro “Levántate, Maio. Foro dos Maios de Ourense”. Colección Auria, 2004
#CantádemeUnMaio
“En Ourense, e o mesmo en Allariz, o Maio tén feitío, polo regular, de pirámide, e máis raramente, de cono […]
Istes son os Maios que hoxe chaman “tradicionales”, mais xa enantes de ter sido instituída a festa dos Maios, con certame e premios, apareceron os que chaman “de fantasía”, que representan torres, eirexas, castelos, muíños de vento, a torre “Infiel” (Eiffel) de París, a da catedral de Ourense, a Ponte Maior, as fontes da Burga, do Posío, da praza do Ferro, hórreos, palleiros e medas, casas…” Vicente Risco. Etnografía. Cultura espiritual” en Historia de Galiza. Bos Aires. 1962
Fotografía: Conxunto de Maios na parte traseira da Alameda. 1953.
Colección Ben-Cho-Sey. Biblioteca Provincial Ourense.
#CantádemeUnMaio
El mayo tradicional -es decir, el único que es realmente un mayo- es estéticamente más avanzado que el “mayo” figurativo, al que llaman “mayo artístico”. El mayo tradicional está más en la línea del arte abstracto. Se presta a la realización de ciertos valores plásticos, valores de arte puro en las combinaciones de colores y obtención de calidades y contrastes en la ornamentación.
Vicente Risco. La Región. Otra vez la estética de los Maios. 1962
Imaxe: Cruz de Maio na Alameda. Colección Ben-Cho-Sey. Biblioteca Provincial Ourense.
#CantádemeUnMaio
Entre as coplas do ano 1923, podía lerse esta
“Quizaives se o Maio
fora Diputado
chegaría Ourense
a rabo de galo”
Xosé Filgueira Valverde. “A festa dos Maios” en Arquivos do SEG.1927
Fotografía: Maio de Rabo de galo no ano 1957.
Achegada por Suso de Rabo de Galo para o libro “Levántate, Maio. Foro dos Maios de Ourense”. Colección Auria. 2004 #CantádemeUnMaio
“A festa dos maios é a mais popular, pro tamén a mais enxebre e a mais fermosa que se fai en Ourense. Ten a beleza do musgo e das froles que nela se prodigan: a ledicia sana da mocedade que a protagoniza; a enxebreza dunha tradición secular que se remonta os tempos prehistóricos pra enlazar cos cultos agrarios da fecundidade e a gracia dunha crítica sana e de boa lei que da fungueirazos donde compre e di as verdades que deixan decir.”
Xosé Ramón Fernández Oxea en Galicia Emigrante,abril maio 1958
Tres cousas hai en Ourense… Maio artístico de 1960 que representa as “tres cousas de Ourense” Fotografía da colección Ben-Cho-Sey. Biblioteca Provincial de Ourense #CantádemeUnMaio
“Los zagales de la aldea celebran la entrada de la Primavera con los que llaman Mayos. El primer día de este mes por la mañana, después que salen de la escuela si es de trabajo, y de acabarse la misa si es de fiesta, marchan al campo, cortan ramas de árboles que tengas hojas, y con éstas y yedras revisten a dos de ellos formándole sobre la cabeza con las propias ramas uno a manera de capirote. Estos son los mayos. Como los pequeños, cubiertos de ramas verdes, apenas pueden andar, los llevan cogidos guiándolos, y así, rodeados de los demás muchachos y todos cantando, pasean la villa o aldea pidiendo por las casas cuartos para los mayos.” Nicolás Tenorio. la aldea gallega. 1914
Imaxe: Maio de 1961. Colección Ben-Cho-Sey. Biblioteca Provincial Ourense.
#CantádemeUnMaio
Maio do ano 1969, diante do palco da Alameda, formado por 2 Maios enxebres e un Cruceiro. Colección Ben-Cho-Sey. Deputación Provincial de Ourense #CantádemeUnMaio
“…As coplas faguíanse nun papel que se levaba ó Axuntamento para que lle puxesen un selo da censura e se poidesen cantar. Despois comenzaron a editalas e vendelas e agora saen as coplas abafadas por unha morea de anuncios comerciaes entre os que difícilmente se rebulen.
As coplas, que denantes viñan sendo tan feitura dos rapaces como o maio, encárganllas agora ós poetas ou aficionados locales co que, si algo se foi ganando en fabricación perdeuse en inxenuidade i en frescura popular.” Xosé Ramón e Fernández Oxea. “Os Maios de Ourense” en Galicia Emigrante. 1958
Imaxe: Grupo de copleiras/os cantando no palco da Alameda.
Colección Ben-Cho-Sey. Biblioteca Provincial Ourense.
#CantádemeUnMaio
A imaxe de Amando I. Moure quedou ligada á Festa dos Maios na memoria colectiva. Durante máis de 60 anos, cada mes das flores, Amando confeccionou o seu Maio e as súas coplas para compartilas coa cidadanía ourensá. Dicía, entre outras moitas cousas, que a “salsa dos Maios eran as coplas”. #CantádemeUnMaio e cantádelle un Maio tamén á memoria do Amando
A Ronda da Auriense é un colectivo que participa habitualmente nos Maios. Herdeiro da Asociación Cultural Auriense, que formou parte activa da festa durante as décadas dos ’70 e dos ’80, achegan cada ano unhas coplas ben enlazadas e con unha métrica moi coidada. Na fotografía de 2015, unha “criança” (hoxe moza) dentro do Maio enxenbre da Ronda #CantádemeUnMaio
Hoxe é 25 de abril. E por iso queremos lembrar como viven a tradición as veciñas e os veciños do sul. A relación de festividades e celebracións coa chegada do mes de maio é común en moitos lugares do continente e do mundo, aínda que no entorno próximo son maiores as similitudes. Aos maios humáns ou mozos, engádense as representacións cónicas e piramidais ou o erguemento das árbores de maio, por exemplo. En Portugal, nomeadamente no norte, no Minho, adornan as xanelas das casas anunciando a chegada da primavera. As maias son ramos feitos de xesta, que se colocan nas portas e nos carros agrícolas constituindo un xeito de celebrar o renacemento da vida vexetal. Na actualidade, as maias tamén son confeccionadas con outros materiais. #25DeAbrilSempre
#CantádemeUnMaio
“As janeiras e maias duraram até os nossos dias, e ainda no Minho se chamam maias as flores de giesteira amarella, com que se adornam as janellas no primeiro de maio; alem disso todos os que hoje vivemos nos lembramos de ver em Lisboa os maios pequeninos passearem as ruas cubertos de flores, bem como de ouvir cantar as janeiras, o que ainda dura em muitas partes das nossas provincias.”
O panorama, jornal literario e instructivo de Sociedade Propagadora dos Conhecimentos Uteis. 1839
Imaxe: Maia em Braga e Maio no Algarve
#25DeAbrilSempre
#CantádemeUnMaio
“Para min, o Maio é fundamentalmente o comezo da Primavera, o brotar da vida. É unha especie de lección para o home. E explícome. Ó longo do ano nacen as plantas, as flores, florecen as árbores; dan o seu froito; pasa o tempo e vén o Outono, caen as follas. Pero dispois na Primavera seguinte volve a rexudir. Este nacimento, vida e morte é en realidade un reflexo da vida do home, pero cunha diferencia: na Natureza esta renovación ten lugar tódolos anos, na vida do home non. Namais que nace, vive e morre, non hai neste mundo renacencia para el…” Xaquín Lorenzo. Hora punta-Revista socio-cultural e informativa de Orense y su provincia, 4. 1986.
Fotografía: Xosé Lois Vázquez “Che”. 1985
#CantádemeUnMaio

Xosé Ramón Fernández-Oxea (Ben-Cho-Sey) foi un investigador, mestre e escritor galego con un amplo traballo intelectual e literario sobre dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía e etnografía. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, amais de formar parte da Xeración Nós. A Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense alberga o Arquivo Ben-Cho-Sey, a colección existente con máis imaxes e documentos referidas á festa dos Maios. Na fotografía pode verse ao etnógrafo galeguista na Alameda o día dos Maios, talvez do ano 1983 (polos carteis electorais que se aprecian entre as árbores).
O vindeiro 2 de maio cumpriranse 32 anos do seu pasamento. As últimas palabras do seu epitafio, digno de ver e visitar no camposanto de San Francisco din: “Nota: quedan suprimidas tódalas homenaxes post-mortem, porque as cousas ou se fan ó seu tempo ou non se fan” #CantádemeUnMaio
Colección Ben-Cho-Sey. Deputación Provincial de Ourense
“Galicia, como a maioría dos pobos pertencentes á área cultural europea, celebra dende tempos remotos a fin do inverno e o comezo da primavera, simbolizado este último no renacer dos vexetais.”
O etnógrafo Clodio González Pérez é o autor da obra máis completa a día de hoxe sobre a festa dos Maios no noso país. Mestre xubilado e membro correspondente da RAG e do MPG, ten participado en varios traballos de investigación etnográfica e arqueolóxica.
Fotografía: Arquivo Difusora de Letras, Artes e Ideas.
#CantádemeUnMaio

O lexicógafo Isaac Alonso Estraviz participa habitualmente dunha das festas das que máis goza no ciclo tradicional galego. Na súa longa traxectoria investigadora e docente, ten deixado múltiples referencias á festa dos Maios e a outras tradicións galegas. Na imaxe, pode verse ao Estraviz asomando a cabeza por baixo dun Maio tradicional no ano 2018. Fotografía: Lidia Varela #CantádemeUnMaio
“Crianças e jovens devem aprofundar na simbologia, origem e significado desta nossa festa que é uma homenagem á natureza e ao amor.” José Paz Rodrigues em Roteiro Didáctico nº 1 – A festa dos Maios na escola. ASPGP, 1998 #CantádemeUnMaio